Xornada de fútbol gaélico na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este venres, día 31 de xullo, celébrase na Guarda unha xornada de “Fútbol Gaélico”. O obxectivo deste evento é facer unha demostración e ensinar ós veciños e veciñas da localidade, e tamén ós múltiples visitantes, este deporte tan pouco coñecido.

A xornada deste deporte, que pode parecerse ó fútbol pero no que usan tanto as mans como os pés, celebrarase tanto pola mañá como pola tarde no Campo Municipal da Sangriña.

Así, de 18 a 19 horas haberá unha explicación de como se practica este deporte e as diferentes normas, de 19 a 20 horas uns partidos de proba e espérase que de 20 a 21 horas poida xogarse un partido de exhibición.Dende as 21 horas en adiante se celebrará o terceiro tempo.

A actividade está aberta a todo o público e non fai falla unha inscrición previa. Todo aquel que precise máis información pode dirixirse directamente ó Concello ou poñerse en contacto a través da dirección deporte@aguarda.es.

29 de xullo de 2015 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.