publicidade hoxe

Xoán Curiel achegará música en galego á praza do Corgo do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Grove
A-
A+

O Concello do Grove, a través do seu Servizo Normalización Lingüística (SNL), organiza o concerto Estamos no verán!!! o vindeiro domingo 26 de xullo, ás 20.00 h, na praza do Corgo. Este espectáculo correrá a cargo do cantautor Xoán Curiel, xunto coa bailarina Marta Alonso e a banda Son+de 2, que se encargarán de facer cantar, bailar e gozar a xente miúda e a toda a familia co obxectivo de potenciar a lingua galega tamén nas actividades de lecer.

Estamos no verán!!! está configurado a partir dunha novela-CD editada por Galaxia que conta e canta a historia e as aventuras dun grupo de amigas e amigos que un verán soña con formar un grupo de música en galego. O público poderá gozar con todo tipo de estilos musicais, desde rock a pop, pasando por funk, blues, reggae ou bossa nova.

A actuación no Grove este domingo vai ser a última deste espectáculo musical de dinamización lingüística a cargo de FalaRedes, así que quen aínda non tivo a ocasión de participar e mergullarse coas rapazas e os rapaces neste soño de verán non pode desaproveitala.

24 de xullo de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.