Xaxún e silencio reivindicativo dos Ninguéns en Vigo
As organizacións Rede Solidaria Popular de Vigo e Foro Socioeducativo Os Ninguéns levan a cabo vinte e catro horas de xaxún e silencio, en demanda dun parque de vivendas públicas en réxime de aluguer social ou gratuítas para parados de longa duración; empobrecidos ou cidadáns con ingresos cero. Damos así resposta solidaria ao impactante número de persoas que pola falta de pagamento do aluguer están a ser requiridos xudicialmente, e en moitos casos expulsados das súas casas na cidade de Vigo.
Nesta situación, adquiren importantes cantidades de diñeiro en débedas ou contra a súa vontade, aceptan infravivendas, infrapensións, pisos patera ou pisos compartidos que provocan un desmembramento involuntario da unidade familiar. É insustentable que Xunta de Galicia e Concello de Vigo, que dispoñen de pisos en propiedade non ofrezan e protexido á familia que recentemente lles pediu axuda por ter inmediata data de expulsión: un dramático caso entre moitos outros.
Nas vinte e catro horas de xaxún e silencio esperan unha solución ao grave problema exposto e análogos, e esixen un parque público de vivenda en aluguer social e unhas políticas de urxencias sociais afastadas dos actuais índices de demora na resolución das demandas e expedientes. A xornada será o mércores día 8 de xullo, iniciándoa ás 12:00 da mañá diante do edificio da Xunta de Galicia. Ás 15:00 da tarde estarán nas escalinatas do museo marco en Príncipe, até as 08:00 da mañá, hora na que nos trasladarán diante do concello de Vigo, para rematar esta xornada solidaria ás 12:00 da mañá do día 9, lendo un comunicado.











