Vivaldi e Piazzolla unidos pola música no concerto da Camerata Nuestro Tiempo no Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Camerata Nuestro Tiempo interpreta este venres 10 ás 21:00 horas ‘Las Ocho Estaciones. Vivaldi/Piazzolla’. Un concerto no que interpretarán unha das obras máis recoñecidas da música clásica ‘As Catro Estacións’ de Vivaldi e a súa irmán porteña composta por Astor Piazzolla.

Cunha formación de bandoneón (Matías González), cinco violíns (Fumika Yamamura, Gabriel Bussi, Ángel Marote, Mihai Tanatescu, Lucía Couto), dúas violas (Raymond Arteaga, Raquel San Pedro), un violonchelo (Luis Enrique Caballero), un contrabaixo (Todd Williamson) e un clave (Fernando López Pan) a Camerata Nuestro Tiempo interpretará estas dúas obras ás que separan máis de tres séculos e que, sen embargo, están unidas pola música. Vivaldi compuxo as súas estacións como parte dunha colección de concertos mentres que Piazzolla fíxoo de xeito individual, escribiunas entre 1965 e 1970 aínda que co paso do tempo agrupounas nunha suite.

O sentimento nostálxico que Piazzolla é capaz de describir nas súas estacións e no resto das súas composicións en xeral é inseparable á súa propia natureza. Inspirado por Vivaldi, Piazzolla quixo describir o paso das estacións sobre a cidade de Bos Aires.

As cancións que marcaron a Rosa Benito, Chayo Mohedano e Carlos Vargas

O sábado 4 de xullo ás 21:00 horas Rosa Benito, Chayo Mohedano e Carlos Vargas presentan o espectáculo ‘En Vivo’, un concerto no que repasarán aqueles temas que –por unha ou outra razón- os marcaron especialmente.

Para a ocasión os tres intérpretes estarán acompañados por Fidel Cordero, pianista e director musical do espectáculo. Os catro interpretarán cancións de sempre cun significado especial para eles como ‘Qué bonita que es mi niña’, ‘Rocío’, ‘La gata bajo la lluvia’ ou ‘Volver’.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. 

6 de xullo de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.