Vitoria de Robertas Geralavicius en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Disputouse a primeira carreira Noite Barbantía, en Boiro, con 200 corredores participantes, unha cifra aceptable para ser a súa primeira edición e nunhas datas nas que diminúe algo o número de corredores nas Populares. O atleta da Sociedade Ximnástica, Robertas Geralavicius, volveu dar unha alegría, nos preto de 8 quilómetros do percorrido cunha vitoria merecida, que se suma ao terceiro posto que conseguiu hai uns días en Leiro.

Tamén o atletismo en pista continúa centrando a atención á espera do ansiado Campionato de España, do 1 e 2 de agosto en Castelló.

Manuel Casteláns, nun control de lanzamentos organizado pola RFEA, no Centro de Alto Rendemento de León, soltou a xavelina até os 57 metros, con 57,54 metros. Por último en Durango, o ximnástico Mario Álvarez, chegou até os 7,19 metros no salto de lonxitude do Campionato do País Vasco, colgándose a medalla de prata.

O sábado celébrase a carreira popular de Santiaguiño do Burgo

O CCCP 2015, celebra a súa cuarta carreira da tempada. A carreira popular de Santiaguiño do Burgo, terá lugar o vindeiro sábado, nas inmediacións da Ponte do Burgo de Pontevedra; coa presenza de 700 corredores, o que sen dúbida xa é todo un éxito para a organización, a Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo e o Concello de Pontevedra e que contan coa Dirección Técnica da Sociedade Ximnástica de Pontevedra.

O pasado martes tivo lugar a Quedada, cun recoñecemento por parte dos atletas de todo o percorrido e que tivo unha gran acollida.

Ás 10 da mañá do sábado, comezarán as carreiras para os máis pequenos e até a categoría xuvenil. Ás once darase a saída aos maiores cunha distancia de 8 quilómetros, polos arredores da Marisma do Lérez.

Xa todo está encarrilado para que o vindeiro sábado pola mañá, os participantes sexan os auténticos protagonistas.

22 de xullo de 2015 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.