Vilaxoán xa comeza a prepararse para Revenidas 2015
O 21, 22 e 23 de agosto a vila mariñeira de Vilaxóan en Vilagarcía de Arousa voltará acoller o festival da música galega, e acollerá, segundo a organización, arredor de dez mil persoas de toda Galicia ao longo das actividades de balde e de pago.
Como todos os anos a Sardiñada Popular Revenidas, xérmolo do festival, consituirá un encontro familiar e interxeneracional o sábado 22. Un día antes e ata o domingo Vilaxoán será o epicentro da música galega, xa que a maioría dos máis de 30 concertos son de grupos galegos.
O Festival vén de confirmar o apoio das institucións públicas como AGADIC da Xunta de Galicia, o concello de Vilagarcía ou a Deputación de Pontevedra.
Ata o venres 24 de xullo poderanse mercar bonos con entradas para os tres días por tan só 25 euros, unha cantidade que irá medrando á medida que ese vaian confirmando o resto dos grupos.











