Vigo acollerá o 3 de outubro o Desafío Boot Camp Race
O 3 de outubro celébrase a 1ª Carreira de Obstáculos en Vigo, Desafío Boot Camp Race, enmarcada nun lugar simbólico da nosa cidade como é a Praia de Samil. A carreira ten dúas categorías diferentes: ELITE que está pensada para aqueles que están moi adestrados e DAREDEVIL, categoría pensada para aqueles que queren probar unha carreira diferente e ter novas experiencias.
Este Desafío Boot Camp Race consta por unha banda dun percorrido de 6 km. con 21 obstáculos para os que participan na categoría ELITE, e 4 km con 17 obstáculos para os que participan na categoría DAREDEVIL. O atractivo e o que dificulta a carreira é que utiliza tres espazos diferentes como son o asfalto, a area e a terra.
Os máis pequenos terán o seu espazo en Desafío Boot Camp Kids, cun circuíto especial para os pequenos aventureiros.
Os obstáculos son un dos tesouros mellor gardados, xa que á parte dos de reptar e cargar existirán obstáculos orixinais e únicos do Desafío Boot Camp Race.
Desde a organización, ademais de garantir unha carreira espectacular, tamén queremos agasallar e consentir ao corredor, polo que contaremos cunha atención personalizada, fisioterapeutas, duchas, salvoconducto finisher e moitas sorpresas máis. Cóntase coa colaboración da BRILAT de Pontevedra e colabórase con UNICEF (Diesemm, a empresa organizadora, pertence ao programa MULTIPLICA de UNICEF).











