publicidade hoxe

Verán na Lama arrinca co primeiro curso ‘Obradoiro de prantas medicinais’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+

O programa municipal ‘Verán na Lama 2015’ arrincou esta mañá co primeiro dos seus cursos impartidos, o ‘Obradoiro de Prantas Medicinais’, no cal se completaron o total das prazas ofertadas.

Durante o desenvolvemento de curso –que se impartirá todos os mércores no mercado municipal de 10:30 a 13:00 horas- os asistentes coñecerán as técnicas de secado e conservación de plantas, a elaboración dos seus propios remedios naturais ou o estudo das propiedades de cada planta, ademais dos beneficios que estas teñen para o organismo. A maiores, nesta primeira clase, os alumnos tamén tiveron tempo de saír a recoller plantas para as súas elaboracións, acompañados da profesora que imparte o curso.

Mañá a quenda será para a primeira clase do taller infantil de Manualides con Goma Eva, que tamén levará a cabo no mercado municipal todos os xoves de 11.00 a 12.30 horas. Nestas clases, os nenos aprenderán distintas técnicas do tratado de goma eva coas que poderán realizar os seus propios deseños.

Xa de cara á semana que vén comezarán os cursos de Cestaría Tradicional  -taller que vén realizando desde inverno con gran éxito- e o ‘Obradoiro Infantil de Decoración de galletas e cupcakes’, unha das novidades do programa de verán, que conta xa cun razoable número de alumnos e alumnas inscritos. Con todo, aqueles que estean interesados, aínda poden anotarse en calquera dos cursos a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil – OMIX (Avda. do Concello, nº3) ou no teléfono 986 768 238 (extensión 4), onde se lles facilitará máis información si fose necesario.

1 de xullo de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.