publicidade hoxe

Verán lúdico en Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

Tordoia acollerá diversas actividades do programa municipal “Verán Lúdico” para os veciños do concello.

MARTES 28 DE XULLO: “Obradoiro de Lingua e Literatura” (para elaboración de un cómic). A actividade celebrarase a partir das 11:00 horas na Biblioteca Municipal e vai dirixida a nenos/as de entre 6 e 10 anos.

VENRES 31 DE XULLO: “Conto Express” ás 11:00 horas tamén na biblioteca municpal (esta actividade forma parte do programa de dinamización lectora da Rede Galega de Bibliotecas.

Este mismo día pola tarde a partir das 16:00 horas celebraremos o DÍA DO NENOno entorno da Piscina Municipal (no Pavillón Municipal se chovera), onde haberá diversidade de xogos, inchables de terra e auga, ademais da Festa da Escuma. O concello anima a todos os cativos a participar. 

23 de xullo de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.