Varias empresas mostran o seu interese nas últimas parcelas do parque empresarial de Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

Varias empresas presentaron ofertas para adquirir as  6 últimas parcelas do parque empresarial de Palas de Rei. Dentro do Concurso aberto por o I.G.V.S. para a enaxenación das parcelas nos polígonos empresariales gallegos. Según informa o alcalde, Pablo Taboada, “varios empresarios se interesaron por estas últimas parcelas e presentaron as ofertas antes do plazo de finalización (20 de julio). Os empresarios presentaron ante o I.G.V.S. as garantías provisionales do 2% e a documentación para a solvencia económica e financieira, así como, a solvencia técnica e profesional”.

O I.G.V.S. resolverá o Concurso nun plazo de máximo de 2 meses e adxudicará definitivamente as parcelas as mellores ofertas presentadas para formalizar os contractos, nun plazo non superior a sete meses. Os adxudicatarios beneficiados deste Plan de venta bonificada quedarán obrigados a construir e a impulsar a actividade nas mencionadas parcelas nun plazo máximo de 3 anos. Debendo manter a súa actividade por un período mínimo de 5 anos.

O alcalde, Pablo Taboada, mostrou a súa enorme satisfación pola marcha do Parque Empresarial en Palas de Rei, que tras a venta da segunda fase completa(25.000 metros cadrados) ó grupo JIM SPORT, procédese ahora ó remate das ventas da primeira fase con preto de 5.000 metros cadrados a disposición destes novos empresarios. Con esta venta, cúmplese co obxectivo marcado de vender o cen por cen do solo empresarial-industrial do parque de Palas de Rei.

Con esta venta e dentro, xa dos proxectos constructivos, o alcalde, Pablo Taboada, espera que se poídan acadar unha inversión cercana ós dous millóns de euros, así como, varios postos de traballo a crear polos novos promotores.

“O Concello de Palas de Rei ven a conformar un dos poucos Concellos Galegos que poden sentirse orgullosos da venta do cen por cen das parcelas do Polígono Empresarial postas a disposición dos promotores” segundo afirma o alcalde, Pablo Taboada.

O alcalde que tamén mostrou a satisfación porque os interesados na maioría das parcelas son PIMES de empresarios locais na súa maioria. Ademais adianta que “no Concello, unha vez rematada esta última fase de venta, xa se plantean promover unha nova zona industrial para acoller novas empresas no municipio”. 

22 de xullo de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.