publicidade hoxe

Uns corenta cativos disfrutan dunha xornada de ocio con inchables dentro da Ludoteca de Verán de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

Un total de corenta nenos e nenas de Lousame, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, participaron hoxe nunha festa con inchables dentro do programa de conciliación familiar “Ludoteca de Verán”, que esta semana está dedicada aos xogos e aos obradoiros tradicionais. Unha iniciativa que terá lugar ata o 28 de agosto nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas, e que xa ten todas as prazas cubertas.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, visitou esta mañá a Ludoteca de Verán para comprobar o bo desenvolvemento desta iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral das familias do municipio. Aínda que xa están cubertas as prazas para o curso completo, o Concello dispón de dúas prazas que son utilizadas por nenos e nenas que acoden por días soltos, de xeito que permiten dar resposta a necesidades puntuais dalgunha familia. Neste caso, o prezo é de 2,5 euros por día e só é preciso chamar ao teléfono 609 828 853. 

A Ludoteca de Verán forma parte do programa Lousame Concilia, unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

8 de xullo de 2015 | 11:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.