Uns 500 deportistas participarán no tríatlon “Hércules XTRM”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Presentación da Hércules XTRM

Presentación da Hércules XTRM

O Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a segunda edición do tríatlon de media distancia Hércules XTRM, unha proba urbana que disputarán 500 deportistas locais e procedentes doutros puntos do país ou rexións como Francia, Brasil ou Nova Zelanda.

O concelleiro amosou “o apoio absoluto” do Concello as probas deportivas na cidade. Precisamente, Sande lembrou que a proba estivo “técnicamente” anulada tras ser avaliada polas áreas de seguridade e mobilidade municipais, xa que o percorrido inicial coincidía no tempo e espazo con obras da Mariña e a mesma Feira das Marabillas, e poderían provocar colapsos no centro da cidade. O concelleiro confirmou a celebración da proba grazas ao “traballo conxunto” do Concello xunto á organización do tríatlon, co cambio de data e percorrido. A nova ubicación, na contorna de San Amaro, permitirá o desenvolvemento desta singular carreira na que medio millar de deportistas nadarán 1,9 quilómetros e, despois da primeira transición, pedalearán 90 quilómetros polo Paseo Marítimo. No último tramo, o grupo correrá 21 quilómetros polo contorno da Torre de Hércules.

Unha das novidades desta edición do Hércules XTRM será a proba Wet & Run , pensada para “fomentar o deporte popular e de base”, segundo a organización, e que consistirá nunha especie de acuatlón na que 125 participantes nadarán 0,9 quilómetros e correrán outros 10.000 metros.

20 de xullo de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.