Uns 50 xóvenes de Mos participaron nos cursos Actívate de Acompañante de Transporte e Comedor Escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

A concelleira de Política Social, Cultura, Turismo, Persoal e Réxime Interno, Sara Cebreiro, clausurou esta semana os dous cursos Actívate impartidos na Axencia de Colocación de Mos, nos que participaron 50 mozos e mozas mosenses. Ditas accións formativas foron a de Acompañante de Comedor Escolar que se impartiu do 22 de xuño ó 7 de xullo e contou con 25 participantes, e a de Acompañante de Transporte Escolar impartida do día 13 ó 28 de xullo e que contou tamén con outros 25 alumnos.

Ambas foron actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e tempo libre, de interese xuvenil e que viñan a responder ás demandas en materia de formación da xente nova do Concello de Mos, concretamente ós mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (ambas incluídas). 

Estes cursos non supuxeron custo para o Concello ó ser íntegramenre financiados pola Deputación de Pontevedra. Dende a administración local mosense aportáronse  as instalacións da Axencia de Colocación e os medios materiais precisos para o axeitado desenvolvemento dos cursos. 

Como xa se dixo, as clases foron impartidas nas aulas da sede da Axencia de Colocación de Mos.

31 de xullo de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.