Unha sentenza do TSXG exime ao Concello de Ourense dunha indemnización de 1,3 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de ditar sentenza na que desestima o recurso interposto pola empresa Misturas, Obras e Proxectos S.A, no que reclamaba do Concello de Ourense unha indemnización de 1.382.492 euros por presuntos daños ocasionados pola anulación do Plan de Urbanismo de 2003.

A empresa adquirira por subasta á Sociedade Estatal de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios, SIEPSA o edificio da antiga prisión provincial da rúa Progreso, e se subrogou o convenio que dita entidade asinara co Concello no ano 2001, no que a través dunha permuta, o Concello pasou a ser titular da antiga prisión.

Nos anos que pasaron dende entón, Misturas non chegou nunca a executar os dereitos de edificación na finca incluida na permuta (na rúa Silvio Fernández Rodríguez) que prevía o Plan de Urbanismo de 2003. A anulación do Plan ocasionou que a empresa perdera ditos dereitos polo que reclamaba 1.382.492,69 euros ao Concello. 

A reclamación foi desestimada en primeira instancia polo Xulgado e a senteza é agora confirmada en apelación polo Tribunal Superior de Xustriza, que nega que haxa motivos para tal reclamación.

A sentenza pon de relevancia nos “8 anos de total inactividade polos adquirintes da finca incumplindo o seu deber de edificar” polo que estima que debe considerarse que “o convenio urbanístico de 2001 xa tería consumado totalmente os seus efectos”, negando así a indemnización solicitada.

1 de xullo de 2015 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.