Unha motorista resulta ferida grave tras chocar cun turismo en Vigo
Unha muller de 26 anos resultou ferida de carácter grave despois de que chocasen a motocicleta que conducía e un turismo, cando ambos circulaban pola avenida de Beiramar, en Vigo. Tal e como informou a Policía Local, os feitos ocorreron ás 16,50 horas deste martes na avenida de Beiramar, á altura do Instituto Oceanográfico. Alí, un turismo conducido por un home de 58 anos, e a motocicleta conducida por unha muller de 26 anos, chocaron frontolateralmente, resultando a muller ferida grave.











