Un vigués de 50 anos foi detido por suposta agresión á súa parella
Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por un delito de violencia de xénero a un veciño da cidade de 50 anos, que presuntamente agrediu fisicamente á súa parella sentimental. Tal e como informou a Policía Local, os feitos ocorreron ás 19,30 horas deste luns, cando a Central de Información e Mando recibiu un aviso dunha muller, que indicaba que a súa parella estaba “moi violenta”.
Unha vez no lugar, a patrulla observou a unha parella discutindo no interior do portal dun edificio da rúa Andalucía, polo que procederon a separar a ambos. A continuación, un axente acompañou ao interior da vivenda á muller, que tiña signos de ser agredida fisicamente, polo que a dotación procedeu a deter ao home, que responde as siglas A.A.C.











