Un total de 54 equipos da provincia disputarán a XXVII edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Un total de 54 equipos da provincia da Coruña que militan nas categorías de 2ª División B, Terceira División, Primeira Autonómica e Preferente Autonómica disputarán este ano a XXVII edición da Copa de Fútbol “Deputación da Coruña”.

O campionato foi presentado esta mañá, na sede da institución provincial, polo deputado José García Liñares e o directivo da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, nun acto no que se procedeu tamén ao sorteo dos emparellamentos da competición, que dará comezo esta fin de semana.

García Liñares destacou que a Deputación destinará a este evento deportivo un total de 163.867 euros, dos que 148.950 € irán destinados a premios aos clubes participantes e 14.917 € a gastos de organización e arbitraxe, co obxectivo de que “os clubes pequenos podan dispor de recursos”, apuntou.

Asimesmo, subliñou a longa traxectoria de colaboración entre a institución provincial e a Federación Galega de Fútbol para a organización deste campionato, que este ano chega á súa vixésimo sétima edición consecutiva, e apuntou que a organización deste ano “é froito do traballo do anterior goberno provincial”.

Pola súa banda, Pablo Prieto agradeceu o “compromiso da Deputación da Coruña” para manter este evento deportivo ao longo de tantos anos e cualificouno de “moi importante para os clubes, non só dende o punto de vista económico, senón tamén deportivo”.

Os equipos participantes son os seguintes:

Segunda División B (3 equipos): Racing Club de Ferrol S.A. Deportiva; Sociedade Deportiva Compostela e Club Unión Deportiva Somozas

Terceira División (9 equipos): Club Deportivo Boiro; Club Laracha C.F.;Bergantiños F.C.;Bertamiráns Fútbol Club; R.C. Deportivo “B” Sada; Sociedad Deportiva Club Ordenes; Centro Cultural y Deportivo Cerceda; Club Deportivo As Pontes e Club Silva S.D.

Preferente Autonómica ( 12 equipos): Sociedad Deportiva Dubra; Betanzos Club de Fútbol; Xallas F.C.; Sociedad Deportiva Negreira; Sociedad Deportiva O Val de Narón; Sociedad Deportiva y Cultural Galicia de Mugardos; Club Futbol Noia; Club de Fútbol Dumbría; Casino Sociedade Deportiva Arzúa; Sporting Sada Sociedad Deportiva; Club Atlético de Riveira e Club Atlético Arteixo.

Primeira Autonómica (30 equipos): Marino de Mera C.F.; Asociación Deportiva Club do Mar de Caión; Sociedad Deportiva Cultural Maniños;Orillamar S.D.; Club Unión Deportiva Paiosaco Hierros Añón; Club San Tirso S.D.; Unión Deportiva Carral; Victoria Club de Fútbol; Imperator Obra Atlético Recreativa; Club Deportivo Ciudad; Sporting Ciudad Asociación Cultural y Deportiva; Club de Fútbol Boimorto; Cedeira Sociedad Deportiva; Sociedad Deportiva Eumesa; Meirás Club de Fútbol; Club de Fútbol Rápido de Neda; Club Olímpico de Rutis; Lesende C.F.; Sociedad Cultural Recreativa y Deportiva Esteirana; Puebla Club de Fútbol; Sociedad Deportiva Flavia; Sociedade Deportiva Soneira Club De Fútbol; Club Deportivo Baio; Club Deportivo Unión; Corme Club de Fútbol; Malpica Sociedad Cultural Deportiva; Amio Sociedade Deportiva; Clube Sociedade Deportiva Villestro; Sigüeiro F.C. e Sociedad Deportiva Sofán.

22 de xullo de 2015 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.