publicidade hoxe

Un total de 480 xóvenes de entre 13 e 17 anos participarán no campamento das Sinas en Vilanova de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilanova de Arousa
A-
A+

Un total de 480 mozos e mozas de entre 13 e 15 anos participarán durante este verán no campamento que se desenvolve no albergue das Sinas, en Vilanova de Arousa, especializado en deportes náuticos. Así, ofrécense actividades como vela, táboa, piragüismo, kaiak-polo, ou unha aula de natureza mariña para descubrir a importancia do mar e da preservación dos seus recursos naturais.

A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron hoxe aos 120 participantes da primeira quenda.

A responsable autonómica recordou que a Consellería de Traballo e Benestar está a “apostar” por esta instalación”. Ao respecto, lembrou que o pasado ano se realizaron obras de mantemento, conservación, reforma, e reparación, por valor de máis de 300.000 euros.

Este proxecto contemplou, entre outras actuacións, a renovación da pista deportiva, a reparación da estrutura, e o cambio de cuberta de pañol, a renovación da instalación eléctrica, a mellora do illamento térmico das cubertas ou a adaptación dos baños á normativa de accesibilidades.

En total, na provincia de Pontevedra ofertaranse este verán máis de 1.800 prazas dentro da campaña de verán, a través dos campamentos das Sinas (Vilanova de Arousa), Pontemaril (Forcarei) e Illa de Ons (Bueu); e dos campos de traballo en Cíes (4 quendas), Ribadumia, Cortegada e Cotobade.

A oferta a nivel autonómico ascende a 8.530 prazas, un 3,2 por cento máis que en 2014. Para a súa posta en marcha, o departamento inviste 2,4 millóns de euros. Grazas a esta iniciativa, favorecerase ademais a contratación de máis de 900 monitores e directores de campamentos.

7 de xullo de 2015 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.