Un total de 45 cativos de Palas de Rei participan no obradoiro Xogando no Verán
O obradoiro Xogando no Verán ofrece diversas e variadas actividades, a 45 nenos/as de 3 a 12 anos, entre elas multideporte, obradoiros de zumna, cociña creativa, cine e natación. De feito, os martes e xoves de 12:00 a 14:00 os participantes deste obradoiro co apoio e titorización de dous socorristas e dúas monitoras desfrutan das clases de natación impartidas polos socoristas na piscina municipal de Palas de Rei. Para a organización destes cursos de natación primeiramente fan un grupo de nenos/as no que fan un análise e comprobación do nivel dos participantes que posteriormente son seleccionados para dous grupos en función do nivel e da idade.
Xogando no Verán está organizado polo Centro de Información a Muller de Palas de Rei e conta coa colaboración da Secretaria Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo, como unha medida para axudar a conciliar a vida familiar e laboral dos pais e nais.
As instalacións da Piscina municipal aparte de ser usadas polos participantes neste Obradoiro tamén fan uso delas os integrantes dos Campamentos de mozos/as que este verán están na Área dos Chacotes, ademáis da xente en xeral que particularmente decide darse un chapuzon na súas cristalinas augas.











