Un total de 25 empresas presentáronse ó concurso para construír a rolda leste de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

Unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas para construír a rolda leste de Pontevedra, un total de 25 empresas concorreu ó concurso. Entre as 25 empresas que se presentaron figuran as máis relevantes e importantes do sector, coma Acciona, Dragados, Covsa ou Taboada y Ramos. O vindeiro 3 de xullo abrirase o sobre B, relativo á documentación técnica, e a previsión da Deputación é adxudicar a obra a seguinte semana.

A construción da rolda leste de Pontevedra ten un orzamento de 1,8 millóns de euros e un prazo de execución de 9 meses. A obra afecta ó tramo comprendido entre a estrada PO-542 Ponte Bora-O Pino e a estrada PO-532 Pontevedra-Ponte Caldelas, e inclúe o acceso ó hospital de Montecelo e á Cidade Infantil Príncipe Felipe.

Os traballos previstos afectan a 33.473 m2 de terreos de 63 propietarios. En virtude dun convenio, no seu día asinado entre a Deputación e o Concello, as expropiacións correrán a cargo deste último.

A nova vía terá dous carrís de 3,5 m, beiravías de 1 m e unha senda peonil de 4 m; ó longo de 1 km construiranse tres glorietas.

2 de xullo de 2015 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.