Un incendio calcina parte das instalacións do Club del Mar de San Amaro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+
Unha das zonas calcinadas

Unha das zonas calcinadas

Un incendio rexistrado á primeira hora da mañá deste xoves calcinou parte das dependencias do Club del Mar de San Amaro. Os Bombeiros da Coruña acudiron ao recinto tras recibir unha chamada, ás 08.41 horas, onde se alertaba da saída de fume dos vestiarios femininos. As unidades chegaron ao lugar ás 09.01 horas e tardaron pouco menos dunha hora en finalizar o servizo. Atacouse o lume con dúas liñas de manga, aínda que finalmente solo foi necesario usar unha; Empregáronse na actuación uns 1500 litro de agua e tamén se usaron tres ERA e o motoventilador a presión positiva. Ás 10.15 horas estaban de volta no parque.

O incendio, nos vestiarios externos, afectou a todo el local (uns 150 metros cadrados, aproximadamente) e deixou completamente queimada a zona de sauna e baño turco. Tamén, unha persoa sufriu unha intoxicación leve, pero non foi preciso trasladala a un centro sanitario. Malia que non se teñen evidencias da orixe do lume, este pode, esta podería estar na sauna, que foi conectada polo persoal de mantemento ás 08.00 horas.

9 de xullo de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.