publicidade hoxe

Un gran concerto destaca na programación prevista para os 15 días da Festa do Pulpo 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Carballiño recupera a tradición dos grandes concertos, e nesta ocasión para festexar a semana do Pulpo. Celtas Cortos actuarán na praza maior o mércores 5 de agosto, as 23:00 horas, xusto no ecuador da gran semana da Festa do Pulpo que comenzará este mércores 29 de xullo  xa con actividades para os máis pequenos.

Manolo Dacal e Francisco Fumega presentaban a programación desta edición da Festa do Pulpo, agradeciendo a todolos que colaboraron para “levar a bo porto este programa, pensado en todolos públicos e , sobre todo, e atraer a moitos visitantes a nosa vila durante estes 15 días”.

No que a programación se refire, dende o mércores 29 de xullo, todalas tardes na praza maior haberá actividades para os nenos. O 30 de xullo , dende as 19:00 horas, zumba nas pisiciñas municipais impartida polo ximnasio Sonora Fitnes. O venres 31 de xullo, continuan as acrtividades para os pequenos, e as 20:30 horas a banda de música de Valga actuará na Praza Maior, máis de cen musicos poran a primeira nota destas festas. Ese mesmo dia, as 22:00, na insua dos poetas terá lugar a presentación das Xociviga 2015, ca proxección da película A Esmorga. A xornada do venres pecharse ca inauguración do alumeado de festas das rúas carballiñesas.

O sábado 1 de agosto deporte e música, partido de futbol en Espiñedo entre o Arenteiro e o Barbadás, as 20:00 horas, as 20:30 XXII Festival de Habaneras no auditorio da vila e as 23:00 DJ Guilly de Melo, na Praza Maior.

Outra das citas clásicas da semana da Festa do Pulpo, a andaina  popular, terá lugar o dominbgo 2 de agosto, chegando con esta a súa IV edición. Ese mesmo día, as 23:00 actuación de música folk , Festa Rachada e Pasarrúas “Acibeira”, na Praza Maior.

O luns 3 de agostoc omenzan os campionatos de futbol 3X3 na Alameda, e actividades de xogos populares na praza Emilia Pardo Bazán. As 12:00 chega outra das citas clásicas do Pulpo, a Homenaxe a un persoeiro ou grupo que tiveran relación ca Festa o longo destes 53 anos. A tarde O DJ Tibu organiza a festa infantil Octavio 2015, na Praza Maior, e as 23:00, no mesmo lugar , concerto de Skalingrado.

O Martes 4 de agosto O Carballiño será , un ano máis , o centro de atención de todoo mundo, ca elaboración da tapa xigante de pulpo, que este ano se realizará sobre un plato de madeira de 5,13 metros. Será as 20:00 horas na Praza Maior.

E o mércores, chegando o ecuador destas festas carballiñesas, o plato forete será a actuación de Celtas Cortos na Praza Maior, e antes, actividades para os nenos no Balneario, DJ e Touro Mecánico na Praza de Juan Pajariño, partido do Arenteiro e o Bande en Espiñedo, e espectáculo circense na rúa Principal.

O xoves 6 de agosto continua a festa cos Pulpos Máxicos nos Catro Camiños, actividaee para os nenos, e a apertura de feira de artesanía na praza de Emila Pardo Bazán, as 18:00 horas. Una hora despois, as 19:00 festa da espuma na praza maior cun DJ para animar os pequenos. As pisiciñas acollen una nova xornada de zumba, e as 20:00 horas inauguranse as xornadas Gastronómicas do Pulpo, con Guillermo González, subcampeon de europa en servicios de restauración e bar, na praza das Galiñas. Dende as 20:00 iniciase o primeiro ciclo de Música de Sofa, na praza da constitución, Curros Enríquez e Praza Maior, que rematará as 2:00 horas.

Entrando xa na fin de semana do Pulpo o venres destacar o sorteo deo ocengtro comercial aberto da súa campaña de Verán, na praza da veracruz, as 18:00 horas, e unha nova Xornada Gastronómica co chef Flavio Morganti. As 20:30 na praza da Veracruz e rúa principal exhibición do clube de patinaex AEHDE, e as 23:00 horas Troula ofrecerá os seu espectáculo de rúa “Pachamama” na Paraza Maior. Esa noite, dende as 00:30, a orquesta Primera Linea ofrecerá o concerto na Praza Maior.

O día 8 de agosto O Carballiño será un ano máis a capital galega da diversión e a xuventude, con concurso de camisetas do Pulpo,. O pasado ano foron máis de 1000 xóvenes os que participaron nesta festa, que comenzará as 18:00 horas e rematará ata que o corpo aguante, animando a festa a batukada  Situme. Ese mesmo día, as 00:00, tirada de fogos dende a praza da Veracruz.

O domingo será o día grande da Festa, ca romaría no Parque Municipa. Desfile de grupos do festival folclórico dende as 10:30, recepción de autoridades as 13:00 e comida as 14:30. A xornada será rematada co concerto da orquesta Fin de Siglo na Praza Maior as 19:00 horas.

Pero a festa continúa o luns, co día do pulpo pequeño, con atraccíons infantis a mitade de prezo. O martes cas xornadas de folclore internacional na Praza da Veracruz, e o mércores finalizará dando o testigo a outra gran cita do verán Carballiñés, as Xociviga 2015. 

28 de xullo de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.