Un centenar de xadrecistas participarán no XXX Festival Internacional en Ferrol do 20 ao 28 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

Preto dun centenar de xadrecistas de todo o mundo participarán dende o 20 ao 28 de xullo no XXX Festival Internacional Cidade de Ferrol, organizado polo Círculo FerrolÁN de Xadrez e patrocinado polo Concello de Ferrol, e no que se repartirán máis 11.320 euros en premios.

O Festival foi presentado na mañá deste venres polo concelleiro de Deportes, Turismo e Servizos, Bruno Díaz, e o responsable do Círculo de Xadrez, Juan Rodríguez. 

O evento da mostras do potencial que nesta disciplina ten Ferrol, cunha prolongada historia e cun elevado número de xadrecistas e nenos inscritos nas actividades que desenrola este clube. 

O Festival desenvolverase no Polideportivo de Esteiro, no que terá lugar o X Torneo Internacional de Xadrez “Mestre Rodrigo”, dotado de 8.500 euros en premios, o XIII “Mestre Alonso Leira in memoriam”, que repartirá 2.030 euros entre os vencedores, e o Memorial Mestre Alonso Leira, que conta con 790 euros en galardóns. Pódese opter máis información na páxina web www.cfxadrez.org.

No evento tomarán parte xadrecistas procedentes de países como Arxentina, Finlandia ou Rumanía, así como de toda España, e se poderá obter o título de Mestre e Gran Mestre Internacional. 

Bruno Díaz incidiu na fonda implicación do Concello de Ferrol co xadrez, como amosa o feito de que se está tentando buscar outra ubicación máis axeitada para próximos eventos destas características. Ademáis, o xadrez, polas súas implicacións no ámbito educativo, ten que supoñer tamén “un espello” no que mirar o desenvolvemento do resto dos deportes, sinalou. 

16 de xullo de 2015 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.