Tui informa de que este venres non se poderá aparcar na traseira da Área Panorámica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Concello de Tui informa que durante este venres, día 3 de xullo, dende as sete da mañá non se poderá usar o aparcadoiro da traseira da Área Panorámica. O motivo é que se farán obras de adecuación do firme da vía.

Esta actuación será levada a cabo pola maquinaria da mancomunidade. Prevese que as obras rematen no mesmo día, este venres. Unha vez estean finalizadas abrirase de novo o aparcadoiro.

1 de xullo de 2015 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.