Tui e a Eurocidade organizan a Andaina Ciclópea este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Concello de Tui e a Eurocidade Tui-Valença organizan este domingo día 26 de xullo, ás 10h. a Andaina Ciclópea. O percorrido iniciarase dende o Parque Natural do Monte Aloia, concretamente o punto de partida está no aparcadoiro da Casa Forestal. Trátase dunha pequena rota, de seis quilómetros, con grao de dificultade fácil e cunha duración aproximada de dúas horas e cuarto. Nesta andaina, denominada paisaxística-cultural, poderanse ver lugares de singular beleza do noso municipio. 

24 de xullo de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.