Tres feridos nunha colisión entre un turismo e un autobús en Vigo
Tres persoas recibiron na mañá deste luns asistencia sanitaria tras chocar un autobús e un turismo na Rúa Canteiros, en Vigo. Os tres feridos viaxaban no turismo e, a pesar de que puideron saír do vehículo polos seus propios medios, presentaban lesións importantes. Ninguén máis resultou ferido, xa que o autobús ía baleiro no momento do choque.
O sinistro rexistrouse sobre as 7,30 horas deste luns, segundo indicou un particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. O 112 pediu a colaboración de Urxencias Médicas, Policía Local e bombeiros de Vigo, que non acudiron finalmente cando se confirmou que os feridos estaban liberados.











