Traballos de pavimentación da rúa Bélxica e instalación de pasos elevados no barrio de Monte Porreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra asfaltará mañá, dende primeira hora, a rúa Bélxica situada no barrio de Monte Porreiro. Nesta pavimentación tamén está previsto traballos de seguranza viaria consistentes na instalación de dous pasos de peóns elevados: un na rúa Bélxica e outro na rúa Alemaña.

A pavimentación da rúa Bélxica será mañá, ao longo de todo o día. E a instalación dos pasos de peóns elevados serán na xornada do venres. Para evitar o maior número de molestias posibles, o departamento de Mobilidade da Policía Local elaborou un plan de tráfico para toda a zona. Na rúa Bélxica só estará autorizado o paso para acceso de garaxes.

29 de xullo de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.