Sestayo fixa coa vicerreitora da UDC en Ferrol os puntos de actuacións comúns entre o Concello e a Universidade

Reunión de Sestayo coa vicerreitora da UDC en Ferrol
A concelleira de Benestar Social, Muller e Festas, Beatriz Sestayo, mantivou unha reunión coa vicerreitora da UDC en Ferrol, Araceli Torres, co obxectivo de fixar puntos de actuación comúns entre o Concello e a Universidade.
En primeiro lugar, segundo explicou Beatriz Sestayo (PSOE), se traballará con “proxectos cara o futuro no eido social”, poñendo en valor a reactivación do proxecto “Comparte”, baseado en aloxamentos interxeracionais, nos que os maiores e os mozos poidan compartir vivenda e vivencias.
Do mesmo xeito, Universidade e Concello traballarán de xeito conxunto en actividades ligadas á igualdade, no que terá un papel moi destacado a reactivación do programa “Ferrol en feminino”, segundo avanzou Sestayo, como xa se puxo de manifesto na primeira xunta con asociacións de mulleres que tivo lugar esdta semana.
Neste “Ferrol en feminino” terá ademáis un protagonismo especial a científica ferrolana Ángeles Alvariño, de Covas, que xa foi premida pola Axencia de Galicia e que da nome a un premio da oficina de Igualdade da Universidade.
A atención á diversidade foi outro dos puntos abordados na reunión. Dende o vicerreitorado, en colaboración co Concello, organizarase unha visita ao Campus de Ferrol con persoas con diversidade “para estudar os problemas de accesibilidade do campus”, para que poidan amosar “en primeira persoa cales son os problemas que podería haber”, sinalou Araceli Torres.
Tras esta primeira toma de contacto, tanto Beatriz Sestayo como Araceli Torres confirmaron que manterán un diálogo fluido e permanente e que a partir do mes de agosto retomarán as conversas para poñer en marcha estes e outros proxectos, nos que se poidan establecer sinerxias comúns.











