Servizos Sociais reunirase coas tendas deportivas para acordar o funcionamento das bolsas de axuda a estudantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O responsable de Benestar e Servizos Sociais, Nicolás González Casares, anunciou a celebración dunha reunión o vindeiro venres, día 10, entre a concellería e os establecementos deportivos de Lalín. Trátase da primeira vez que as bolsas complementarias de axuda ao estudo, que contan cun orzamento de 18.000 euros, se poderán destinar á adquisición de roupa e calzado deportivo, ademais de material escolar. Por este motivo, dende a área de Servizos Sociais, quérese contactar cos establecementos comerciais deportivos, para explicarlles o funcionamento da orde de subvencións e acordar o método de pagamento, que todo apunta se fará a través de vales permutables.

Os beneficiarios das bolsas de axuda serán os alumnos e alumnas matriculados en centros educativos de Lalín, en calquera dos niveis académicos obrigatorios. Cada estudante suxeito da subvención recibirá a cantidade de 100 euros, independentemente do curso que estude.

7 de xullo de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.