Se es socio do Complexo Deportivo do Multiusos contarás cun 10% no teu abono

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Todos aqueles que queiran renovar o seu compromiso co Rio Natura Monbus Obradoiro seguen dispondo dun 10%, e aqueles que aínda teñen desconto por accionista teñen un 30%. Tamén se un abonado de tempadas pasadas decide volver abonarse, o desconto será do 5%. Todos os asentos están reservados para a renovación até o 31 de agosto.

Ademais, de traer a un amigo ao Fontes do Sar, disporase dun desconto do 10%, e dun 5% para o novo obradoirista. Desa forma traendo a varios amigos poderá saír o abono até gratis.

Gratuitamente tamén  poderá saír de facer unha doazón e facerse Amigo da Fundación Heracles. Por cada 130€ de achega haberá 150€ de desconto repartidos nas tres próximas tempadas, ademais doutras moitas vantaxes. 

Continúan tamén os Prezos Reducidos, tanto para menores de idade, estudantes menores de 25 anos, parados de longa duración (máis de seis meses), federados baloncestísticos ou maiores de 65 anos. 

Toda a información sobre a venda de abonos está dispoñible na nosa páxina web (www.obradoirocab.com), na da Fundación Heracles (www.fundacionheracles.org) ou nas oficinas do Rio Natura Monbus (Multiusos Fontes do Sar – Rúa Diego Bernal s/n) en horario de 10h a 14h e de 17h a 20h.

29 de xullo de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.