publicidade hoxe

Sardiñada e teatro na fin de semana en Figueirido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilaboa
A-
A+

O campo da festa de Figueirido, no Concello de Vilaboa, acollerá o sábado 1 de agosto, a partir das 21.30 h., o Serán Aberto con sardiñas e chourizos para todos os asistentes. As inscricións poderán realizarse no mesmo día.

Teatro

Así mesmo, este venres 31, tamén en Figueirido, neste caso no local social, terá lugar un espectáculo teatral a cargo de Piollo Teatro. Trátase da obra “Espermatozoides” interpretada por Carlos Cerviño, Carlos Montes e Tito Montes, con dirección de Miro Maraiños. A obra dará comezo ás 21.30 h.

30 de xullo de 2015 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.