publicidade hoxe

Salvaterra acolle o Campionato Galego Master de Fondo en Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSalvaterra de Miño
A-
A+
Presentación do evento deportivo

Presentación do evento deportivo

O Concello de Salvaterra de Miño, a Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista Ría de Vigo veñen de presentar o CAMPIONATO GALEGO MASTER DE FONDO EN ESTRADA. O próximo domingo día 12 de xullo as 10.00h sairá da Praza do Concello esta proba que a día de hoxe xa conta con 125 inscritos, e que espera chegar coas inscricións do propio día entre os 140 e 150 participantes, todos galegos. Un circuito de 30 km, que dependendo da categoría recorrerán entre dúas e tres veces.

Este evento está organizado pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista Ría de Vigo e conta coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño. Como ben saben esta comarca é unha gran amante deste deporte e ademais conta con diversos club de ciclismo e afeccionados.

É a primeira vez que se realiza este campionato en Salvaterra de Miño, nel participan categorías master 30, 40 e 50-60 e desta proba sairán os campións galegos por catergoría. A día de hoxe esta categoría e a que conta con máis participación

O remate está previsto sobre as 12.30 ou 12.45, o  podium estará colocado na Praza do Concello

8 de xullo de 2015 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.