publicidade hoxe

Ruta de sendeirismo e Festa do Chourizo en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Vedra recibe o programa Goza do Ulla no cal 19 concellos bañados polo río propoñen xornadas de sendeirismo que percorren as ribeiras do Ulla. O domingo 2 de agosto é a cita na que o protagonista será o roteiro de San Xoán da Cova cos seus 11,5 km de percorrido. Unha proposta que mestura a beleza da paisaxe, o gusto por camiñar e o amor pola natureza.

Punto de encontro: para deixar os vehículos e traslado en autobús ao punto de inicio da etapa: Área de Recreo de Cubelas en San Pedro de Sarandón.
Coordenadas: 42º44.696´N – 008º28.331´W. Hora de recollida do autobús no punto de encontro ás 9.30 h.  Inicio da ruta no Mirador do Gundián ás 10 h.

E para que a xornada sexa xa inesquecible, na mesma Área de Recreo de Cubelas a Comisión de Festexos propón a súa VI Festa do Chourizo. O menú estará composto por chourizos, churrasco, sobremesa e bebidas a un prezo de 15 euros (anticipada) e 18 euros en taquilla. Gratis para os nenos ata 5 anos e 5 euros para os cativos con idades comprendidas entre 5 e 12 anos. Contarase ademais con actuacións musicais e aparcadoiro gratuíto.

29 de xullo de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.