Roberto Rey Martínez convértese no novo presidente da Mancomunidade de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Roberto Rey, terceiro pola dereita, no pleno da Mancomunidade de Ordes

Roberto Rey, terceiro pola dereita, no pleno da Mancomunidade de Ordes

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrou esta mañá a primeira sesión plenaria tras a celebración das eleccións municipais, unha vez constituídas as corporacións de cada un dos sete municipios que a compoñen. Un pleno de organización no que resultou elexido como presidente Roberto Rey Martínez, actual alcalde do Concello de Trazo, en sustitución de Manuel Regos.

O seu nomeamento é efectivo durante os dous vindeiros anos, xa que transcurrido ese plazo será relevado polo novo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo. Así o decidiron de maneira unánime todos os rexedores dos concellos de Mesía, Trazo, Ordes, Cerceda, Oroso, Frades e Tordoia. Según manifestou o, dende hoxe, presidente da Mancomunidade a súa primeira intención é a de “seguir mantendo o espíritu de colaboración entre todos os membros mancomunados, ademais de crear novas vías de comunicación para incrementar este xeito de facer política de maneira conxunta”. No que se refire aos servizos e actuacións que se veñen prestando, Roberto Rey asegura que “vanse a manter e a dar as máximas facilidades para que todos os municipios poidan non só beneficiarse deles, senón tamén para aportar ideas, recursos ou elementos que contribúan a súa mellora”. Un enfoque polo que aposta de cheo Roberto Rey coa intención de “poder facer nun futuro próximo unha oferta conxunta en diversos eidos sociais aínda máis ampla ca existente na actualidade”.

Por último  no pleno de hoxe tamén se tomou a decisión de continuar coa dinámica establecida de convocar os plenos ordinarios o primeiro luns de cada mes en horario de mañá.    

31 de xullo de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.