publicidade hoxe

Ribadumia organiza un ano máis os “Xoves Animados” para os máis cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, en colaboración coa concellería de Cultura, preparou para este verán un programa de ocio infantil baixo o nome de “Xoves Animados”.

O programa, que se desenvolverá todos os xoves do verán dende o 9 de xullo ata o 27 de agosto, contará con numerosas actividades para nenos: inchables, talleres de teatro, maquillaxe, globoflexia, manualidades… Finalmente, o último xoves de agosto, celebrarase unha festa da espuma como clausura da programación e do verán, xa que os pequenos comezarán as clases a principios de setembro.  

As actividades celebraranse na Praza do Concello todos os xoves, e os horarios altérnanse dependendo da actividade. Algunhas comezan ás 19:00 e outras ás 20:00 horas, e todas rematan ás 21:00 horas. 

Todas as actividades son gratuítas e estarán supervisadas por monitores que atenderán ós pequenos e ás súas familias. Dende o Concello espérase a participación activa de todas as familias para apoiar a labor dos monitores e, sobre todo,  que os pequenos disfruten do seu tempo de ocio con este programa.

2 de xullo de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.