Quintela, Tallón e Fernández asistiron a unha ponencia sobre os métodos de traballo do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A pasada semana celebrouse o II Campus Diego Quintela e Pablo Insua en Arzúa, terra natal dos dous  coñecidos xogadores. Alí estivo presente o pívot do Santiago Futsal, que acompañado de Pablo Tallón e Miguel Fernández, participaron nunha ponencia sobre os traballo do club santiagués. Os asistentes á charla puideron coñecer, da man dos dous xogadores do primeiro plantel e do xerente do club, cales son os sistemas de preparación que seguen, tanto corpo técnico coma xogadores, para lograr o recoñecemento dentro do fútbol sala nacional que o caracteriza.

7 de xullo de 2015 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.