Queda en liberdade o detido polo incendio de Palmés
O home detido pola Policía Autonómica pola súa suposta relación co incendio declarado este martes na parroquia ourensana de Palmés quedou en liberdade, aínda que imputado por un delito de incendio forestal. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ademais desta decisión do xuíz sobre o detido, continuarase coa investigación para aclarar o sucedido en relación a un lume que obrigou a decretar a emerxencia dúas pola proximidade das lapas a núcleos de poboación, aínda que esta alerta xa quedou levantada ás 14.15 horas deste mércores.
Este incendio, que declarouse este martes pasadas as 16.00 horas, xa calcinou 197 hectáreas e permanece sen control. Segundo informou a Consellería do Medio Rural, traballan para intentar controlar as lapas un técnico, dez axentes forestais, 28 brigadas, dez motobombas, unha pa, doce helicópteros e once avións e tamén colaboran membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
O incendio derivou en diversas incidencias e as parroquias de Pereiro de Aguiar, Pradobó e Trasalva están sen luz dende as 22.00 horas do martes. A zona de Amoeiro tamén rexistrou problemas de subministración.











