publicidade hoxe

Propostas para o fin de semana en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Hoxe venres 17 de xullo cine de verán 2015 en Vedra. Ás 22:30 h no campo da festa de San Xián proxectarase “O Apóstolo” 2012. Animación/Fantasía. O filme trata dun preso fuxido tratará de recuperar un botín agochado nunha apartada aldea, pero alí atoparase con estraños anciáns, almas en pena e ata o mesmísimo Arcipreste de Compostela. Organiza Asociación Senunpeso en colaboración coa Asociación de Veciños “Unión e Progreso” de San Xián de Sales / Concello de Vedra / A. C. Papaventos

Bolechas

Mañá sábado 18 de xullo chegan os Bolechas a Vedra co seu novo espectáculo “Os bolechas na máquina do tempo” que se estrea mañá ás 19 h no Museo Paz Camps en San Fins de Sales. Trátase dunha actividade GRATUÍTA incluída no Programa Falaredes 2015 de Política Lingüística da Xunta de Galicia. ABRIRANSE AS PORTAS ÁS 18.45 H

E continúa as sorpresas coa festa infantil organizada con motivo das festas en Merín con hinchables, música, e moitas sorpresas. Ademais o sábado celébrase o X aniversario do Club Olímpico de Vedra. Unha homenaxe a estes 10 primeiros anos de esforzos e éxitos. A partir das 22 horas no Campo do Souto en San Fins!!

Tampouco nos podemos esquecer das festas en Merín

O sábado 18. Día do Santísimo
Misa rezada ás 10 h e solemne ás 13.30 h e sesión vermú.
Verbena co dúo “Nueva Era”

O domingo 19. Día do Carme
Misa rezada ás 10 h e solemne ás 13.30 h
Vermú cun grupo musical

Propostas estivais

E por suposto continúan as propostas estivais de Vedra…

– Coa Piscina Municipal!! Na que podes refrescarte e participar das súas actividades Na fin de semana o seu horario é de 16 a 21 h. De luns a venres de 15 a 21 h

– Co aluguer de piraguas e barcas do Ulla en Agronovo. Os sábados e domingos de 16 a 20 h. Prezo 3 € a hora

– Co aluguer de bicicletas btt… no que podes inscribirte chamando ao teléfono 981 814 691

17 de xullo de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.