Propostas para a fin de semana en Rianxo
Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:
Venres 3 de xullo
• 18.00 h – Campo de Arriba. SACHOS Á RÚA: Feira Labrega e Artesana de Rianxo. Organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza.
• 21.00 h – Auditorio de Rianxo. Concerto Fin de Curso da ESCOLA DE MUSICA DE RIANXO. Organiza: Escola de Música de Rianxo. Colabora: Concello de Rianxo
Sábado 4 de xullo
• 21.00 h – Praza Virxe de Guadalupe. Concerto Fin de Curso da ESCOLA DE MUSICA DE RIANXO. Organiza: Escola de Música de Rianxo. Colabora: Concello de Rianxo
• 22.30 h – Paseo da Ribeira – fronte ao Busto a Castelao. OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA Conxunción Venus-Xúpiter, Saturno e unha estrela dobre
Organizad, polo concello de Rianxo ao abeiro do programa TODOCOSMOS promovido polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e a Fundación Española para Ciencia e a Tecnoloxía – FECYT
Domingo 5 de xullo
• 21.00 h – Campo de Arriba. Concerto BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO – no marco do XI Ciclo de Música de Bandas, que se desenvolverá ao longo dos meses de verán e nesta edición traerá tamén a Rianxo as bandas de:
– BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO – 5 xullo
– AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN – 18 Xullo
– Concerto conxunto das bandas MUNICIPAL DE MÚSICA DE BOIRO E DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO – 25 Xullo
– BANDA DE MÚSICA XUVENIL MUNICIPAL DE SILLEDA – 16 agosto
– Concerto de clausura coa BANDA DA ESCOLA DE MUSICA DE RIANXO + CARAPAUS (música tradicional) – 22 Agosto –
Organiza: Escola de Música de Rianxo. Colabora: Concello de Rianxo