Programación do Museo da Marioneta para o mes de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

A programación cultural do Museo da Marioneta – Pazo de Liñares para este mes de agosto inclúe:

Día 8 a partir das 18:00 h.

Teatro dos Ghazafelhos representará “Contos de lobo”, despois Ultra_Alimento ofrecerá unha merenda para os rapaces que asistan.
Contos de Lobo: Un Conto interactivo onde se mestura a maxia o circo ou a hipnose…

Dous personaxes dispares pero no fondo parecidos, acordan para contar historias onde aparezan lobos… pero ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias… ala!! 

E os contos? -Que nos axude o público…

Día 22 ás 20:30 h.

Gelria  

Grupo musical que se topa de xira por Galicia, Gelria son:

Elena Tarrats, actriz e cantante (Cuéntame Cómo Pasó, Gran Hotel …)

Federico Mosquera, pianista e compositor (Obras estreadas pola Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia …).

Mario G. Cortizo, percusionista e artista sonoro (Colaborador do Gran Teatre del Liceu, Sinfónica deGalicia …).

Gelria nace coa finalidade de crear unha antoloxía poetico-musical galega a partires de textos dos autores máis representativos da nosas letras. Este proxecto, que se concretará nun libro-disco nos vindeiros meses, xa foi presentado en Barcelona e Holanda en forma de concerto e chega por primeira vez a terras galegas nesta xira de verán.

Para o cobro de entradas, utilizan o revolucionario concepto da taquilla inversa, onde o espectador decide canto debe pagar unha vez rematado o evento.

31 de xullo de 2015 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.