Programación cultural para a fin de semana en Narón
Axenda para os días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto de 2015 en Narón:
Venres 31 de xullo de 2015
– Inicio programa XVII Oenach Atlántico de Sedes (Festa de Interese Turístico Galego). A partir das 21.00 comezarán os actos e ás 22.00 a xornada musical. No Campa da Feira do Trece (Sedes).
– I Festival Bulevar Odeón. A partir das 22.00. na Rúa Cataluña. Os grupos No es lo mismo e Malas Compañías serán os protagonistas dos tributos a Alejandro Sanz e Joaquín Sabina, respectivamente, e Marcos Mella e Banda farán o propio con Los Secretos, a partir das 22.00 horas. Ás 00.00 comezará a actuación do mítico grupo Tennessee.
– Narón Gastronómico (degustación gratuíta de tapas con pementos do Couto e tomate negro coas consumicións realizadas en locais de hostalería de Narón adheridos a este programa). Ao mediodía e á noite nos dezasete establecementos adheridos á iniciativa “Horta de Narón 2015)
Sábado 1 de agosto de 2015
– XVII Oenach Atlántico de Sedes. Desde as 11.00 ata as 00.30. na Campa da Feira do Trece (Sedes).
– Visitas guiadas ao Mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto). De 11.00 a 13.00. no Mosteiro do Couto. Reservas: Os percorridos limitaranse a grupos de entre seis e dez persoas, polo que todas aquelas que desexen participar deben inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo, podendo facelo no propio mosteiro sempre que queden vacantes nas diferentes quendas. O horario de atención ao público da oficina é de luns a venres, de 11.00 a 13.00 e os sábados e festivos de 10.00 a 14.00. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 33 77 00 (ext. 2301).
– Narón Gastronómico (degustación gratuíta de tapas con pementos do Couto e tomate negro coas consumicións realizadas en locais de hostalería de Narón adheridos a este programa). Ao mediodía e á noite. Nos dezasete establecementos adheridos á iniciativa “Horta de Narón 2015)
Domingo 2 de agosto de 2015
– XVII Oenach Atlántico de Sedes. Desde as 11.00 ata as 20.30. na Campa da Feira do Trece (Sedes).
– Narón Gastronómico (degustación gratuíta de tapas con pementos do Couto e tomate negro coas consumicións realizadas en locais de hostalería de Narón adheridos a este programa). Ao mediodía e á noite. Nos dezasete establecementos adheridos á iniciativa “Horta de Narón 2015)











