Primeira toma de contacto do rexedor compostelán coa Asociación Hostalería Compostela

O alcalde de Santiago na reunión con representantes da asociación
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse cunha representación da Asociación Hostalería Compostela, encabezada polos seus presidentes, Sara Santos (Hospedaxe) e José Antonio Riveiro (Restauración).
A xuntanza foi unha primeira toma de contacto coa directiva desta Asociación e serviu para sentar as bases de colaboración en materias coma o turismo. A moratoria na concesión de licenzas para hoteis con encanto, a introducir na revisión do Plan Especial da Cidade Histórica, foi un dos temas abordados na reunión.











