publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Presentación do Ribeiro Blues WineFestival en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

Este domingo 26 de xullo na Feira de Castrelo, Presentación do Ribeiro Blues WineFestival Castrelo de Miño coa actuación musical a partires das 12 horas de Andrea Botwin e Kill me truck. Este Festival de Música e Viño terá lugar o 7 e 8 de Agosto no Parque Náutico de Castrelo. Actuarán destacados artistas do mundo da música Blues, acompañados de 23 adegas que participarán nun salón dos viños do Ribeiro, que se celebrará a partires das 21:30 e ata a madrugada do venres 7 e do sábado 8 de agosto.

E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá:

Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e  hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de  alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…)

25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.

Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.

25 de xullo de 2015 | 10:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.