Posta en marcha do banco de libros de texto en Cangas
Baixo o lema “Multiplica o uso dos teus libros. Comparte educación”, a concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade xunto coa concellería de Ensino e Deportes poñen en marcha a terceira edición do Banco de libros de texto Municipal. Pretenden así proporcionar unha medida de apoio ás familias, reducindo gastos e constatando que o seu funcionamento favorecerá un enriquecemento en valores para o alumnado.
A presentación de solicitudes e recollida de libros estará aberta entre o 15 de xullo ata o vindeiro 7 de agosto no Centro Municipal de Benestar Social en horario de 10:00 a 13:00 horas. O estudio das solicitudes terá lugar do 10 ao 14 de agosto e farase entrega dos libros a partires do 17 de agosto.
Os obxectivos que persigue o concello de Cangas con esta iniciativa son:
– Reducir o impacto económico para as familias na adquisición de libros de texto e material escolar.
– Fomentar o coidado de libros como valor educativo e cultural.
– Promover a propiedade social.
– Contribuír á conservación do medio ambiente.
– Exercitar a solidaridade e cooperación como valor na sociedade.
– Promover a colaboración e a interrelación da comunidade educativa.
Nesta actividade participan os centro escolares do Concello de Cangas, a Federación de ANPAS “A Gameliña” e “Cangas Voluntaria”, organización de voluntariado do Concello.











