publicidade hoxe

Posta a punto dos colexios de Curtis e Teixeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O Concello de Curtis, unha vez finalizado o curso escolar e tras reunirse os responsables municipais cos Consellos Escolares do CEIP de Curtis e CEIP de Teixeiro para coñecer as súas necesidades de primeira man, procederá a realizar as melloras pertinentes en ambos os centros para que estean en perfecto estado de uso no inicio do próximo curso.

Durante os meses das vacacións de verán, os operarios realizarán labores de mantemento, unha limpeza xeral dos centros e a reparación daqueles danos indicados pola directiva dos colexios. Ademais, do mesmo xeito que xa se fixo recentemente coas instalacións de Curtis, o concello pintará o colexio de Teixeiro.  

2 de xullo de 2015 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.