Pontevedra acolle o XVI Memorial Ricardo Portela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para este venres e sábado a que será a XVI edición do Memorial Ricardo Portela. Durante os días 10 e 11 de Xullo, celebraranse, na praza da Ferraría, as diferentes actividades que incluirán mostras de artesáns de instrumentos tradicionais, actuacións de cuartetos e concertos de música tradicional.

Nesta edición, a Mostra de Artesáns de Música Tradicional, permanecerá aberta na praza da Ferraría durante os dous días, en horario de 17:00 a 21.30 o venres, e de 11.30 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas o sábado. Nela poderemos atopar instrumentos como gaitas, zanfonas, requintas, pandeiretas, tambores, arpas … construídas por 12 artesáns de recoñecido prestixio no eido da música tradicional galega.

8 de xullo de 2015 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.