publicidade hoxe

Petre Abraham Smeu logra o segundo premio no XVI Concurso Internacional de Violín Cidade do Fundao Portugal 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOroso
A-
A+
Petre Abraham Smeu

Petre Abraham Smeu

Petre Abraham Smeu, veciño de Porto Avieira (Oroso) e bolseiro da escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela, vén de conseguir o segundo premio no XVI Concurso Internacional de Violín Cidade do Fundao Portugal 2015, no que representou a España na Categoría IV. “A pesar de ter tan só 13 anos, Petre Abraham Smeu conseguiu subir ao podio dos gañadores nunha categoría na que a maioría dos participantes roldaban os 16 anos, o que aínda lle dá máis mérito”, destaca Luís Rey Villaverde, concelleiro de Deportes, Cultura, Xuventude, Escolas infantís, Aula de música e Emprego.

Abraham superou brillantemente a proba eliminatoria, na que tocou “Grillo” (Óscar da Silva) e “Capricho op. 18 nº 4” (H. Wieniavsky). Na final interpretou “Preludio e allegro” (Pugnani-Kreisler) e “Sinfonía Española” (E. Lalo). Tanto Abraham como a súa familia agradeceron ao Concello de Oroso que incluíra ao rapaz no festival da Aula de Música de Sigüeiro, celebrado uns días antes da competición. “Tocar delante del público, antes de un concurso siempre es positivo, ya que el solista se forja emocionalmente cada vez que toca delante de la gente”, explica o seu pai Theodor Smeu Stermin.

21 de xullo de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.