Pedro Ruíz abre a programación de agosto no Teatro Colón con ‘Uno, pequeño y libre’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O vindeiro xoves 6 Pedro Ruíz abre a programación de agosto do Teatro Colón co espectáculo ‘Uno, pequeño y libre’, que permanecerá en cartel ata o domingo 9 cunha función diaria ás 20:30 horas.

O polifacético artista presenta este show que el mesmo defino como ‘un gran espectáculo a la americana, de un hombrelibre’. ‘Uno, pequeño y libre’, antes chamado ‘No estoymuerto, estoy en…’, é a súa montaxe número vinteún, e nela continúa mesturando a crítica, o esperpento, a actualidade, a reflexión, o exceso, a tenrura e a sorpresa.

Un mes de agosto cheo de humor

A programación de agosto complétase co espectáculo de Paco Arévalo e BertínOsborne ‘Por humor al arte’ que se poderá ver do xoves 13 ao domingo 16 e coa obra ‘Enfrentados’, unha comedia con Auturo Fernández e David Boceta como protagonistas que estará en cartel do martes 18 ao sábado 22 de agosto. 

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. 

31 de xullo de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.