Patron Capital e Eurofund Investments adquiren o centro comercial Dolce Vita Odeón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

Os fondos de investimento europeos Patron Capital e Eurofund Capital Partners adquiriron o centro comercial Dolce Vita Odeón, situado en Narón. 
Dolce Vita Odeón é un moderno centro comercial de 25.000 metros cadrados de superficie bruta alquilable e 1.250 prazas de aparcadoiro, e representa unha das principais referencias comerciais da zona de Ferrol. Con preto de 4 millóns de visitas ao ano, ten unha ampla oferta de moda e lecer que inclúe, entre outros, a marcas de referencia do grupo Inditex así como 12 salas de cine.

Patron Capital e Eurofund Capital Partners teñen previsto realizar a curto e medio prazo importantes melloras no centro que repercutirán positivamente nas firmas situadas no centro e na experiencia dos visitantes. O centro seguirá sendo xestionado por Larry Smith Group.

Patron Capital e Eurofund

Patron Capital é un investidor institucional especializado en activos inmobiliarios. Na actualidade xestiona activos por valor superior a 5.000 millóns de euros pertencentes a fondos soberanos, universidades, fondos de pensións, fundacións privadas e investidores particulares de Norteamérica, Europa, Asia e Oriente Medio.

Patron Capital ten sede en Londres e xestiona os investimentos en España desde a súa oficina de Barcelona, dirixida por Pedro Barceló. Patron Capital realiza investimentos tanto en solitario como asociándose con socios locais. Ao longo dos últimos anos desenvolveu diversos investimentos en España no sector residencial, comercial, oficinas e hoteleiro e espera realizar novos investimentos durante os próximos meses.

Pola súa banda, Eurofund Capital Partners desenvolveu en España o concepto de shopping resort, que cultivou un enorme éxito en Porto Venecia (Zaragoza), galardoado en 2013 co premio MAPIC ao mellor centro comercial e de lecer do mundo. En España, Eurofund estableceu unha alianza con Intu, o principal operador británico de centros comerciais, para desenvolver unha serie de novos shopping resorts en Vigo, Valencia, Málaga e Palma de Mallorca, que sumarán máis de 1 millón de metros cadrados. En Portugal, Eurofund adquiriu o pasado mes de decembro o centro Dolce Vita Tezo de Lisboa.

23 de xullo de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.