“Paseantes” será a nova proposta musical das Festas do verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Unha nova proposta cultural chega a vindeira semana á programación de verán do Concello de Pontevedra. Paseantes, unha proposta musical para todos os públicos que abarda distintos estilos dende a música acústica, ao swing, a ópera, o jazz ou a música electrónica. Esta nova proposta da Concellaría de Festas celebrarase o venres, 31 de xullo e o sábado, 1 de agosto nas prazas do centro histórico da cidade a distintas horas do día e da noite.

15 Bolos

Pero mentras o concello goza das festas do Santiaguiño, do Festixeve, tamén do Apadrina Jam, Cinema na lúa, ou da Cutura no Camiño, a programación de Festas de verán xa pensa na vindeira semana que comeza o luns co 15 bolos, unha cita moi esperada pola xente moza de Pontevedra. A súa programación é a segue:

• Luns, 27 de xullo

o 19.00 h Concerto de Cora Sayers. Praza da Verdura

o 20.00 h Concerto de La Casa de los Ingleses. Praza de Ourense

o 21.00 h Concerto de Rëisk. Praza de Méndez Núñez

• Martes 28 de xullo

o 19.00 h Concerto de Australia. Praza da Verdura

o 20.00 h Concerto de The Soul Breakers. Praza de Ourense

o 21.00 h Concerto de Marvel Pop. Praza de Méndez Núñez

• Mércores 29 de xullo

o 21.00 h Concertos de: AnodhoR, Test Hammer, Skirl, Visceral Eyes, Que desilusión! na Praza do Teucro

• Xoves 30 de xullo

o 21.00 h Concertos de: Aware, Enki, Kaootik, Champurrada na Praza do Teucro

Animatrón

O martes comezará unha nova edición do Animatrón, actividades infantís para cativos. Prolongarase até o venres, 31 de xullo de 18.00 a 21.00 horas no parque das Palmeiras. As propostas do Animatrón para este ano son:

• Actividades de animación, zancudos, pallasos, monociclistas, ludoteca “Constrúe a túa cidade”.

• Actuacións: Títeres e Teatro Tarabelos, Asocirko, Rivel Animación e Cé Orquestra Pantasma.

• Obradoiros temáticos distintos cada día: “Mundo aventura”, “Mundo-globo”, “Circo”, “Xogos populares”

Paseantes

O mesmo venres xa comeza a nova programación “Paseantes” que pretende achegar música de distintos estilos por todas as rúas e prazas do centro histórico. Esta primeira programación será a seguinte:

• Venres, 31 de xullo

o 12.00 h Concerto de Trilitrate: Acordeón, violín, guitarra. Praza de Abastos

o 13.00 h Concerto de Fátima Baña. Cantautora. Paza da Leña

o 14.00 h Concerto de Mr. Cool. Swing. Praza da Leña

o 20.00 h Concerto de Miguel Abalo Castex e Victoria Álvarez Acón. Ópera. Praza da Peregrina

o 21.00 e 22.00 h Concerto de Miguel Abalo Castex e Victoria Álvarez Acón. Ópera . Praza da Verdura

o 23.00 h Concerto de Miguel Abalo Castex e Victoria Álvarez Acón. Ópera. Praza de Ourense

• Sábado 1 de agosto

o 12.00 h Concerto de Nacho Pérez Cuartet. Jazz. Praza de Abastos

o 13.00 h Concerto de Jesús Vidal. Fusión. Praza da Verdura

o 14.00 h Concerto A Máquina de Meter Medo. Electrónica tradicional. Praza da Verdura

o 20.00 h Concerto da Dolce Vita. Bandas sonoras. Rúa Peregrina

o 21.00 h Concerto de Davide Salvado. Cantautor . Praza de Méndez Núñez

o 22.00 h Concerto de Rynier Aldama Trío. Cubana. Praza do Teucro

o 23.00 h Concerto de Alfombra Voadora. Hindú. Praza do Teucro

25 de xullo de 2015 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.